Seguimento do Caso Malaya
Operación Malaya é o nome que recibe unha operación policial española contra a corrupción, dirixida polo xuíz Miguel Ángel Torres e a Fiscalía Anticorrupción e realizada polo Corpo Nacional de Policía. A Operación, cuias primeiras investigacións remóntanse a novembre do 2005 e que na actualidade está desenvolvendo a súa terceira fase, ten como obxectivo destapar un entramado de asociacións que encubre numerosas actividades delictivas (malversación de caudais públicos, prevaricación, tráfico de influencias, etc.) levadas a cabo, entre outros, por dirixentes do Concello de Marbella, importantes empresarios e avogados. Esta operación policial abriu o camiño para unha sucesión case ininterrumpida de investigacións sobre posibles casos de corrupción urbanística en España.
A “operación Malaya” saldouse ata o momento con setenta e cinco detidos en varias fases (marzo, junio, novembro do 2006 e marzo do 2007) e a incautación de bens por valor de 2.600 millóns. Entre os implicados destacan: alcaldesa de Marbella, Marisol Yagüe; a primeira tenente de alcalde, Isabel García Marcos; o asesor de Urbanismo e antigo xerente deste departamento municipal, Juan Antonio Roca; os concellais de Cultura e Educación, José Jaén, e de Tráfico, Victoriano Rodríguez, e o secretario do Alcaldia, Leopoldo Barrantes.
Garcia Marcos
Julian Muñoz
Reñones
J.A. Roca
Xuiz Torres
Marisol Yagüe
· Antecedentes:
-“Ballena Blanca”: maior rede de branqueo de diñeiro do país.
· Primeira fase:- 29 de marzo do 2006 desenvolveuse en cidades como Marbella, Málaga, Madrid, Huelva, Cádiz e Murcia, con 29 detidos e 2.600 millóns de euros. Onde o presunto cabecita era Juan Antonio Roca, asesor da área de Urbanismo do concello de Marbella. Recibiu prisión incondicional sen fianza o 31/03/06.
- Marisol Yagüe, alcaldesa de Marbella dende o 2003 recibe prisión o 01/04/06.
- Isabel García Marcos, primeira tenente de alcalde de Marbella, expulsada do PSOE en 2003 xunto a outros dous membros do partido.
- José Jaén, concexal de Cultura e Educación do Alluntamiento de Marbella,quedou en libertade provisional tras abonar unha fianza de 30.000 euros.
- Outros malversadores que pasaron pola cárcere son: Victoriano Rodríguez, Leopoldo Barrantes,
· Segunda fase:-Coñecida por “Operación Malaya II”, tivo lugar o 27/06/06. Onde 300 axentes da Unidade de Delincuencia Económica e Fiscal da Comisaría Xeral da Policía Xudicial actuaron esta vez en Málaga, Granada, Córdoba, Sevilla, Madrid y Pamplona, detendo a 30 personas, entre as que se encuentran trece ex concellais do Concello de Marbella, constructores e promotores. De entre estos detidos cabe mencionar a: Tomás Reñones, alcalde de Marbella en funcións durante unha semán, Leopoldo Barrantes, ex secretario do Concello de Marbella, que xa foi detido durante a primeira fase da Operación, Rafael Gómez Sánchez, alias Sandokán…
- O 17 de xulio do 2006 tivo lugar un forte desplegue policial donde Julián Muñoz, ex alcalde de Marbella, foi arrestado como presunto autor de delitos de malversación de caudais públicos. O xuíz Torres decretou para el prisión incondicional o 21 de xulio do 2006. O encarcelamento de Julián Muñoz tivo bastante repercusión mediática, sobre todo na prensa do corazón, xa que nese momento (e aínda hoxe) é parella sentimental de Isabel Pantoja.
-O 26 de xulio do 2006, a Fiscalía Anticorrupción presentou nos xuzgados de Marbella dúas querellas contra José Antonio Roca, Julián Muñoz por presuntos delitos contra a ordenación do territorio, prevaricación, fraude e malversación de caudais públicos.
· Terceira fase:-Coñecida por “Operación Malaya III comezou o 14/11/06 que se saldou coa detención de 11 persoas, acusadas de branqueo de diñeiro. Os arrestados foron: Maite Zaldívar, ex mujer del ex alcalde de Marbella Julián Muñoz, Jesús Zaldívar, irmán de Maite Zaldívar, José María González de Caldas, ex presidente do Sevilla Fútbol Club e importante empresario taurino, os empresarios Giovanni Piero Montalo, Francisco Zambrana, Manuel Lores Romero, Eusebio Sierra Sánchez, e José María Enríquez García;o funcionario xudicial Francisco Ramírez Olivera; o director dunha sucursal de Cajamar en Marbella, Benjamín Martínez Cantero; e un socio de González de Caldas, Miguel López Benjumea.
-O 23 de abril de 2007 foi detido Florencio San Agapito, comisario xubilado del Cuerpo Nacional de Policía, xefe de seguridade de Telefónica, o cal nos anos 80 fora xefe de Administración, Documentación e Informática da Secretaría do Estado para a Seguridade do Ministerio do Interior.
-O 26 de abril o xuíz Miguel Ángel Torres decretou prisión incondicional sen fianza para o ex primer tenente de alcalde de Marbella, Pedro Román, mentras deixou en libertade con cargos á filla deste. O xuíz acusou a Pedro Román dun delito de fraude, delito fiscal, branqueo de capitais e suborno e decretou a súa prisión incondicional por risco de fuga e por unha posible ocultación de probas.
-O 2 de maio de 2007 foi detida a cantante e parella sentimental de Julián Muñoz, Isabel Pantoja, acusada da comisión de varios delitos contra a facenda pública e o branqueo de capitais. Esta noticia abrangue unha grande polémica no mundo do corazón, sobretodo e especialmente vinculados a cadenas televisivas como Telecinco, Antena 3 e Televisión Española que non duvidan en explotar. O xuíz Miguel Ángel Torres, instructor do 'caso Malaya' e titular do xuzgado de instrucción número cinco de Marbella, decretou libertade baixo fianza de 90.000 euros para a tonadilleira tras unhas horas de arresto en comisaría.
-O 3 de maio de 2007 produxose a 99ª detención, neste caso, dun broker de bolsa, Fernando de Salinas, ao que se lle acusa dun presunto branqueo de diñeiro de Julián Muñoz e Mayte Zaldívar, en paraísos fiscais de Xibraltar e Suiza.
-14/03/07 Deteñen en Marbella á esposa de Roca e a outras tres persoas polo 'caso Malaya'.
-O xuíz levantou parte do sumario e dixo que a investigación non terminara
-Continúan en prisión Roca, Julián Muñoz, Manuel J. Sánchez e José M. Villarroya
-Nas próximas horas pode haber novas detencións no marco do 'caso Malaya'
-Un dos detidos dedicábase a blanquear diñeiro comprando billetes de lotería
-02/05/07 Deteñen ao ex primeiro tenente de alcalde marbellí e á súa filla polo 'caso Malaya'
A Policía Nacional detivo este martes no Aeroporto de Málaga ao ex tenente de alcalde de Marbella (Málaga), Pedro Román, e á súa filla que estaban en busca e captura dende a semana pasada por orde do xuíz instrutor do 'caso Malaya', contra a corrupción no Concello marbellí, Miguel Anxo Torres.
-05/05/07 'Caso Malaya': seis millóns de euros en fianzas e 2.400 en bens intervidos
-51 detidos tiveron que afrontar o pago de entre 6.000 e 500.000 euros
-Seis dos imputados, a maioría construtores, acaparan tres dos 6,27 millóns
-Case todos os acusados lograron reunir o diñeiro en poucas horas
-Catro atópanse en prisión preventiva e o resto está en liberdade con cargos
-09/05/2007 A detención dun galerista francés eleva a cen os arrestos pola 'operación Malaya'. Jean Fournets traballaba como marchante de obras de Juan Antonio Roca.
-10/05/07 Julián Muñoz abandona a folga de fame que iniciou fai seis días
-O ex rexedor de Marbella perdeu dous quilos -Isabel Pantoja recorreu a fianza de 90.000 euros
Muñoz deixou a folga de fame o mesmo día en que Isabel Pantoja recorreu a fianza de 90.000 euros que lle impuxo o xuíz Miguel Anxo Torres, instrutor da causa sobre unha suposta trama de corrupción urbanística no Concello de Marbella, e que acusa á tonadilleira dun delito de branqueo de capitais e fraude á Facenda Pública.
-12/05/2007 Isabel Pantoja ofreceu en Valladolid o seu primeiro concerto tras a detención polo 'caso Malaya'. A tonadilleira subiu ao escenario precedida polo cruzamento de acusacións entre os seus partidarios e detractores.
-18/05/07Sebastián insiste en que houbo 'trato de favor' ós imputados pola trama marbellí
-Asegura que non se recorrerá aos tribunais ata que o alcalde responda
-Di que a decisión de ensinar a foto de Corulla era coñecida polo partido
-Cobo negou onte calquera ilegalidade nas actuacións denunciadas
- 24 de maio do 2007 O PSOE de Marbella (Málaga) denunciou onte ante a Xunta Electoral de Zona a emisión dun anuncio publicitario do Partido Popular no que aparecía o candidato socialista, Paulino Prata, xunto a varios imputados do caso Malaya.
-24 de maio do 2007 Os mil recunchos do palacio de Villagonzalo:
os socialistas, con Miguel Sebastián á cabeza, volveron onte á carga para probar un suposto "trato de favor" do alcalde de Madrid, Alberto Ruiz-Gallardón, cara a Montserrat Corulla, a presunta home de palla de Juan Antonio Roca, o cerebro do caso Malaya. Despois de que o martes presentasen o libro de visitas da Xerencia de Urbanismo para demostrar que a avogada "amiga" de Gallardón, visitara esta sede en 40 ocasións en dous anos e medio, onte presentaron un rexistro dos 49 edificios protexidos que solicitaron, como os de Corulla, ser convertidos en hoteis.
-A comisión xestora de Marbella (Málaga) descubriu durante a realización do inventario de bens municipais que o equipo de goberno do GIL utilizaba o patrimonio .municipal para saldar débedas das sociedades municipais. Collían os bens do Concello e dábanllos ás empresas acredoras cun valor moi inferior ao real, de forma que aos poucos foron descapitalizando o Consistorio, aseguraron onte fontes municipais. O presidente da xestora, Diego Martín-Reyes remitiu aos xulgados documentación relativa a varias destas sospeitosas transaccións.
-25 de maio do 2007 O xuíz investiga os negocios de Román. O xuíz Miguel Anxo Torres volveu interrogar onte ao ex alcalde marbellí Julián Muñoz e ao avogado Juan Hoffman, ambos en prisión preventiva, para interesarse polos negocios de Pedro Román e o pago de comisións ao Concello de Marbella (Málaga).
-31 de maio do 2007 Os dous principais investigadores do 'caso Malaya' piden a substitución.
Dous dos inspectores do Corpo Nacional de Policía que levaron as rendas do caso Malaya contra a corrupción municipal de Marbella (Málaga) pediron a baixa no grupo de branqueo de capitais no que se atopan asignados pola "falta de apoio" e as trabas que, segundo eles, veñen atopando nos últimos meses. Fontes policiais aseguran que é "moi difícil" que os seus superiores acepten a renuncia. -01 de xunio do 2007 a renuncia dos dous principais investigadores do caso Malaya aducindo "falta de apoio e trabas nas investigación" derivou onte nun mutismo oficial na Comisaría de Málaga. O director xeral da Policía e a Garda Civil, Joan Mesquida, foi o primeiro en saír ao paso, declarando en Burgos que descoñecía a existencia das dimisións e asegurando que todos os axentes que interviñeron na investigación da maior trama de corrupción destapada en España contan co "apoio e o respaldo" da dirección xeral "en todos os termos".
Á hora de analizar este seguimento, elexin dous periódicos naiconais, “El Pais” e “El Mundo” que pertencen a dúas ideoloxías distintas: o primeiro segue un pensamento de esquerdas (Grupo PRISA) e o segundo de dereitas. Para poder realizar un bo e fiable seguimento da noticia elixida, decidín obtar por documentarme a través de Internet, posto que ó acceder ós periódicos, mencionados anteriormente, mediante a rede permíteme analizar e observar calquera noticia acontecida nas últimas semanas, meses e anos.
A crónica elixida para seguir a pista a unha noticia foi o “Caso Malaya” posto que foi unha noticia moi relevante no ámbito económico e social en España e tamén debido a que séguese vendo en tódolos medios de comunicación que as persoas con diñerio e poder económico/político realizan malversacións de fondos xunto con outros negocios ilegais sólo por para conseguir un poder adquisitivo máis alto a conta dos demais.
Despois de realizar un breve seguimento sobre o Caso Malaya e as súas distintivas fases, darei comezo coa analise das noticias dos diferentes periódicos elixidos:
§ “El Pais”: períodico de esquerdas que pertence ó Grupo PRISA. O obxectivo de calquera periódico é o de informar ós lectores sobre o que acontece ó noso arredor.
En canto ó seu contido, as noticias son curtas e precisas en comparación co xornal “El Mund”. Contan a noticia de forma resumida, o cal é unha vantaxa para os lectores que desexen informarse de todo o que pase ó noso arredor, pero a súa vez tamén é negativo á hora de querer obter máis información acerca da noticia en sí.
En canto ó titulo, utilizan un tipo de letra con serifa (Georgia), é dicir, con adornos con finalidade estética e un tanto pesada posto que tamén a utiliza ó longo de toda a noticia pero con un tamaño menor. En canto ós gráficos, dito periódico non contén moitos fotografías sobre o acontecido, en comparación con “El Mundo” que ata contén vídeos para poder realizar un seguimento visual sobre algunhas noticias.
Outros apartados que merecen ser comentados en canto a este periódico é a oportunidade que lle ofrecen ós lectores de poder leer a noticia en outros idiomas e de ver webs relacionadas co tema. Tamén cabe destacar a posibilidade de poder votar a noticia, é dicir, o lector despois de leer a noticia ten unhas esterlina debaixo do titulo onde pode votar se o resultado da súa lectora foi satisfactorio e ó seu lado aparecen outras tantas esterlinas co resultado obtido dos votos e o número de votos que se realizaron.
w “El Mundo”: periódico pertencente a unha ideoloxía de dereitas no cal as noticias presentadas son máis extensas en canto información e posúen enlaces ó longo da noticia que ó acceder a elas podes obter máis información sobre a noticia o cal é unha gran oportunidade para poder informarse con detenimento sobre a mesma.
En canto á letra das noticias, utilizan a mesma ó longo da noticia, a verdana, pero en diferente tamaño en comparación o titulo co resto da noticia, letra que non conten serifa, é dicir, adornos o cal fai que a súa lectura sexa máis sencilla e clara para o lector .Sobre o titulo cabe dicir que son de cor azul mentres que no periódico “El Pais” eran de cor negra. Despois do titulo en case tódalas noticias aparecen uns puntos resumen dos contidos que se anaizaran ó longo da noticia en cor gris.
Cabe destacar unha amplia información fotográfica, mapas xeográficos e tamén videos sobre o seguimento da noticia. O cal implica que o lector a parte de poder acceder a información ampliada e con enlaces a outras noticias entrelazadas coa principal poidan visualizar mediante fotos ou vídeos a noticia que están a leer.
A continuación busquei videos en youtube que tiñan que ver co tema a analizar, os vídeos son noticias sobre o “Caso Malaya” xunto cunha parodia de Isabel Pantoja con Julian Muñoz.
· Video sobre o arresto de Isabel Pantoja:
http://www.youtube.com/watch?v=CImZsRdik5E
· Con música de fondo de Chayane, realízouse unha parodia sobre os causantes do Caso Malaya en forma de telenovela.
· Parodía de Isabel Pantoja sobre Julian Muñoz:





